14/5/07

Comezo de novos obradoiros ( II )

Hoxe, día 14, deu comezo o segundo obradoiro de iniciación á internet para as ANPAS. O horario é de 9:30 a 11:00 os luns, mércores e venres ata o vindeiro día 30.

Ademais o próximo luns 21 comezará outro mais, pero en horario de tarde será de 20:30 a 22:00 os luns e xoves ata o 14 de xuño.

Tamén dará comezo outro o día 24 de maio en horario de mañá, os martes e xoves de 9:30 a 11:00 ata o 19 de xuño.

Con estes obradoiros so nos quedará un para satisfacer as demandas das nais e pais de alumnos, que en principio está pensado para comezar o 18 de xuño e rematalo o día 4 de xullo en horario de 20:30 a 22:00 e os luns, mércores e xoves.

De todas formas xa se avisará do horario definitivo deste último.

4 comentarios:

Marisé dijo...

Alégrome de participar neste obradoiro que foi moi interesante.Contamos coa axuda inestimable de Miguel que ten moita paciencia para explicar as cousas a xente coma min, que non tiña nin idea.Gracias por axudarnos e facelo tan sinxelo

Miguel dijo...

Agradécense estas verbas e animan a seguir traballando, pero so cumpro coa miña función. Gracias a vos por virdes e polo interese que amosades nas clases.

Anónimo dijo...

Despois do meu atrevemento por participar neste obradoiro, teño que dicir que grazas a Miguel, pola súa paciencia con todos nós, me está resultando doado e entretido...
Teño bos compañeiros que fan máis amenas as clases e xa empezamos a facer moitas cousas; ¡eu xa puiden escribir este comentario! GRAZAS.

Miguel dijo...

Non hai mellor recompensa ao meu traballo que ver os vosos progresos. Grazas a vos polos comentarios, que me animan a seguir traballando, e polo voso interese, que sen el sería imposible acadar avance algún.