19/6/07

A Rede de Dinamización no Espazo Avanza

A Rede de Dinamización estará no Espazo Avanza en Compostela (O proxecto de dinamización tecnolóxica en Galiza contará cun posto de información desde este mércores día 20 até o domingo 24 na dita carpa).

A Rede de Dinamización da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información vai estar tamén no Espazo Avanza, carpa de promoción e formación en novas tecnoloxías do Plan Avanza do Ministerio de Industria, dispoñendo dun posto informativo onde se explicará a filosofía do proxecto e se dará información sobre os centros adheridos, as actividades, obradoiros, cursos e iniciativas que se levan a cabo.

Todas as persoas que o desexen poderán achegarse ao Espazo Avanza situado no mercado de Salgueiriños, onde se intentará promocionar para toda a cidadanía o uso das Novas Tecnoloxías con actividades lúdicas nas que se mostrarán as utilidades de Internet. Ademais, está previsto que se desenvolvan pequenos cursos de formación específica destinados a colectivos de cidadáns como nenos e persoas maiores, empresarios, profesionais e autónomos en ámbitos como a seguridade da informática ou das facturas electrónicas.

Dentro deste espazo a Rede de Dinamización presenta tamén a súa labor de difusión e achegamentos das Novas Tecnoloxías a todos os sectores da poboación, especialmente nas zonas rurais ou afastadas, desenvolvendo actividades de alfabetización dixital e iniciación a Internet, así como obradoiros de moi variada temática que pretenden mostrar as vantaxes que nos ofrecen as TIC na vida diaria.

Se pasades algún destes días por Santiago, NON FALTEDES!! Seguro que vos parece moi interesante.

Poderedes atopar mais información aquí.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Queremos que Miguel este para el año con nosotros por trasmitirnos con tranquilidad sus clases.

Marta Vázquez Ledo dijo...

Apoio a Pilar totalmente.
Miguel! xa che dixen que serías un profe guai.
Unha aperta a ti e aos alumn@s dos teus obradoiros.

Anónimo dijo...

Así da gusto, menudo grupo tan majo que che tocou.
Estes comentarios axudan a tomar impulso para poder continuar traballando dunha forma agradable.
Parabens!!!!

Miguel dijo...

Moitas gracias polos comentarios, a verdade é que, como ben di Leticia, estas palabras dan folgos para seguir traballando na dinamización do noso concello.

Anónimo dijo...

sin comentarios
estoi deacuerdo con
PILAR MARTA Y LITICIA

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.