4/4/07

Charla para comerciantes

      O pasado 20 de marzo realicei unha charla sobre as vantaxes de internet no pequeno comercio, obviamente dirixida aos comerciantes do Porriño.
      A charla foi solicitada pola presidenta de ACIPOR (Asociación de Comerciantes do Porriño) para mentalizar aos comerciantes da importancia de integrarse nas novas tecnoloxías.
      Para publicitala fun comercio a comercio entregando unha nota informativa ata un total duns 150 aproximadamente.
      Os carteis chegáronme o día 16 así que preparei 3 que se puxeron na Casa de Cultura, no concello e no mercado.
      Ademais o concello sacou unha nota de prensa e a presidenta de ACIPOR quedou en avisar aos seus asociados.
      Ao final veu unha persona a charla (e pensar os nervios que pasei) que nin empresaria era, eu dina igual por respeto a asistente e para ver como me quedaba, canto duraba, etc.
      E pregúntome que puiden facer para acadar unha maior participación. ¿Se vos ocorre algo? ¿Outra forma de publicitala?¿Que fago agora para os comerciantes? Porque senón teñen interese, ¿como podo atraelos?.
      Compañeiros dinamizadores se se vos ocorre algo para mellorar a asistencia avisade, eu no próximo artigo publicarei a guía que fixen para dar a charla xa que vos pode ser de utilidade.

4 comentarios:

Unknown dijo...

Ola. Son Víctor, outro dinamizador na Asociación de Empresarios de O Ceao, en Lugo.

A min estame pasando algo parecido, o interese mostrado polos empresarios cara as novas tecnoloxías é prácticamente nulo. A partir da vindeira semana empezamos unha serie de charlas e obradoiros relacionados coas novas tecnoloxías, e despois de enviar máis de 150 mails, 30 fax, chamar a certas empresas potencialmente máis interesadas e repartir persoalmente unha folla informativa en preto de 50 empresas, todo o que conseguín ata o de agora son 3 inscritos nun obradoiro de iniciación á informática. Parece que os únicos interesados en ser dinamizados son os empregados, nos cursos-obradoiros de iniciación parece que mostran algo de interese.

Haberao que seguir intentando, non sei como o conseguiremos, pero supoño que algunha maneira haberá.

Xa che comentarei se polo menos chego a ter un asistente.

Por certo, se alguén está interesado en ver as charlas que intentaremos impartir, pódedelas consultar na web www.formacionceao.net, está feita so con este motivo por un proxecto no que colabora a asociación.

Un saúdo.

Miguel dijo...

Pois a ver se tes mais sorte ca min e tes mellor participación.
A min pásame o mesmo, noutros sectores si que teñen mais interese. Fixen cursos de iniciación para ANPAS e para Amas de Casa e estou bastante contento coa participación e co interese mostrado nas clases.
Outro conto é o empresariado, a ver como se nos ocorre facer que participen, penso que non será doado.
Pois si que tedes actividades programadas na páxina moita sorte con elas, xa nos contarás.

Nelly Rey Rey dijo...

Ay!!!!!!
Queridos amig@s dinamizadores!! non sei se me consola ver que non son a única á que os empresarios pasan, ou se é que me desespero!
Mandei como unhas 500 cartas a empresarios dando a coñecer o servizo e os obradoiros, asi como realicei vistas as asociacións de empresarios da comarca, xa que estou na federación de empresarios; e con eles moi ben, moi animados; incluso conseguin a aula de informática de cada vila, Ribeira, Puebla, Rianxo, para que así non se teñan q desprazar a Boiro, e so tiven 5 chamadas e 2 apuntadas, snif!!!
Hoxe empezarei o acoso por teléfono para conseguir que se interesen!
Pero realmente e un sector peliagudo, e eso que o sector da construcción é un dos mais difíciles de achegarse, xa que como no vaias a obra, difícil, difícil!!
Tamen, vexo, que por parte da Xunta, estamos SÓS; non sei é unha apreciación miña, se é que estou sensible, jaja, pero bueno...!
Moito Ánimo a todo@s e non nos podemos rendir!!!!
Saudos compañeir@s!
Nelly

Noelia Rafael Cabaleiro dijo...

Ay, amigos meus... Non sei como o vedes pero eu pola Asociación de Empresarios de Mos, para motivar aos empresarios a acudir as charlas teño que dicir que ao finalizar haberá unha degustación dun bo viño... Xa sei que é moi forte pero é o único que os motiva a acudir a este tipo de iniciativas. Espero que vos axude