O vindeiro luns día 10 dará comezo o curso de Bases de Datos concedido pola Rede de Dinamización Tecnolóxica, tendo como data de remate o mércores día 26.
O curso será en horario de tarde/noite (de 20:00 a 23:00 hs.) e terá lugar no Centro Neural do Multiusos de Torneiros no Porriño.
Este curso é dos ofertados pola Rede de Dinamización Tecnolóxica e dos que xa vos falei en anteriores entradas onde se colgaron as inscricións, os contidos...
Estamos agardando a que volten saír novos prazos de inscrición, cando así sexa publicarémolo nesta bitácora.
Este curso non sería viábel se non contase coa colaboración do noso concello e do concello de Salceda de Caselas.
Agradecemento especial a Leticia, dinamizadora da Sociedade da Información en Salceda de Caselas, senón fora pola súa axuda dubido moito que se puidera desenvolver este curso.
4/9/07
Curso de Bases de Datos
Etiquetas:
actividades,
cursos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Bueno, que majo q está o Miguel hoxe. Non estou preparada para tanto alago, jeeee.
En todo o caso sería a situación contraria, os habitantes de Salceda de Caselas non poderían acceder a este curso se non fose polas instalacións coas que conta o voso concello.
De tódolos xeitos, o traballo en conxunto sempre se fai moito máis levadeiro.
Saúdos porriñeses e porriñesas!!
Está ben non imos discutir por iso, quizais o mais xusto é dicir que ningún o poderiamos levar a cabo por separado, e é grazas ao traballo conxunto que se poderá desenvolver este curso.
Publicar un comentario